viernes, 30 de mayo de 2008

Recordos

Recordo que cando deixei palillar e claro está de ir as palilladas foi para ir traballar a Coruña . Estiven na rúa de panaderas ,case desembocando na praza de españa . No baixo estaba a igrexa dos protestantes e un día tirei unha alfombra para ver como era por dentro e recordo que solo tiñan imaxes de cristo e cando saían ao terminar a misa facíano coa cara cara o altar .
Ao carón da casa onde estaba traballando estaba a cruz vermella e unha señora que dixo que era xefa preguntoume se quería ser enfermeira xa que naquel entón non facían falta tantos estudios coma hoxe pero non quixen porque me levou a mirar o que facían e non me gustou porque tiñan que facer curas aos enfermos e aquelo non era para min .
Despois marchei para Viveiro coa miña nai ,estiven uns anos e no 61 marchei para Alemania e estiven tres anos e despois casei e volvín para Camariñas pero os palillos nunca os olvidei incluso palillei algo para a fábrica onde traballei

Dende aquí.dígolle ás rapazas que aprendan e que non olviden a nosa tradición a pesar que non se gaña moito é noso .

Ata pronto
Adeus

martes, 27 de mayo de 2008

Palillada de Isabel do jaito

Hoxe vou falarlles das palilladas :
Facíanse dende Outubro ata Marzo en pola noite . Había varias casas i eu vou falar da que eu fun que era a da miña nai como ben dixen noutra entrada .
Na miña casa todas palillábamos de día , as da casa e algunhas amigas de noite reuníamonos e era na sala da casa : poñíase un banco longo e a un lado poñíanse as mozas máis vellas e de outro as máis novas e as nais .Detrás poñían bancos e banquetas para cando viñan os rapaces e falábase de todo un pouco do que acontecía e tamén contaban algún chiste , e tamén cantaban (e algúns que ben cantaban) . Había voces moi boas en Camariñas a pena era que non había o que hai hoxe .
Recordo que tamén viñan rapaces de outros pobos , eran da parte das rías baixas e viñan pescar a castañeta e tamén algún que outro que viña en barcos de carga e deixaban unhas cousas e levaban outras . Había un ambiente moi bonito .

miércoles, 21 de mayo de 2008

De cativa cos palillos

Son Estrella García Pasantes pero os meus veciños coñécenme por Chucha i eu tamén .
Os meus primeiros recordos ao aprender a palillar foi na casa de miña nai na rúa do Corral . Ela foi a miña profesora , naquel entón facíamos labor de vara e o nome das puntillas eran : a jitana , a conchina , o mexón e o dente do can (entre outras) . Na casa da miña nai sempre houbo Almofadas .
Éramos seis irmáns e cinco sabíamos palillar : Miña irmá maior e máis eu éramos as que máis sabíamos, non sei os anos que tiña cando empecei a palillar , pero penso sobre catro ou cinco anos porque con oito ou nove xa facía uns Pañuelos que lle chamaban os osos grandes que levaban uns sesenta ou setenta pares de palillos , case non podía coa Almofada de tanto que pesaba .
A miña nai foi unha profesora moi boa e nunca nos deixaba pasar ningunha falta si facíamos mal mandábanos desfacer e volver a facelo . Daquela dábame rabia pero agora agradézollo porque agora fago o mellor que podo e sei moitísimo .
Non teño medo a facer ningunha clase de encaixe , incluso sei facer os patróns do encaixe e tamén quito debuxos novos ao que lle chaman picar : Son unha profesora do encaise .