miércoles, 21 de mayo de 2008

De cativa cos palillos

Son Estrella García Pasantes pero os meus veciños coñécenme por Chucha i eu tamén .
Os meus primeiros recordos ao aprender a palillar foi na casa de miña nai na rúa do Corral . Ela foi a miña profesora , naquel entón facíamos labor de vara e o nome das puntillas eran : a jitana , a conchina , o mexón e o dente do can (entre outras) . Na casa da miña nai sempre houbo Almofadas .
Éramos seis irmáns e cinco sabíamos palillar : Miña irmá maior e máis eu éramos as que máis sabíamos, non sei os anos que tiña cando empecei a palillar , pero penso sobre catro ou cinco anos porque con oito ou nove xa facía uns Pañuelos que lle chamaban os osos grandes que levaban uns sesenta ou setenta pares de palillos , case non podía coa Almofada de tanto que pesaba .
A miña nai foi unha profesora moi boa e nunca nos deixaba pasar ningunha falta si facíamos mal mandábanos desfacer e volver a facelo . Daquela dábame rabia pero agora agradézollo porque agora fago o mellor que podo e sei moitísimo .
Non teño medo a facer ningunha clase de encaixe , incluso sei facer os patróns do encaixe e tamén quito debuxos novos ao que lle chaman picar : Son unha profesora do encaise .

No hay comentarios: